Saltar la navegación

Deixarse enganar?

Deixarse enganar?

Imaxe decorativa
Elaboración do SNA (INTEF). Celebrando o que nos une (CC BY-SA)


Título: DEIXARSE ENGANAR 

Etapa: FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Ciclo: Ciclos formativos de FP básica. 

Módulos: Ámbito Profesional: Módulo de Itinerario Persoal para a Empregabilidade (I.P.E.).

Descrición e finalidade das aprendizaxes

Esta situación de aprendizaxe ten como obxectivo axudar o alumnado de Formación Profesional Básica a ser conscientes da desinformación e os perigos que pode ocasionarnos. Axudarase o alumnado a:


•Identificar información falsa, como ofertas de emprego enganosas.
•Identificar anuncios de alugamentos de casa falsos (estudantes Erasmus), remedios de saúde e noticias de prensa non contrastadas…


Pretendemos xerar conciencia en non compartir información en redes sociais da que non esteamos seguros de que é verdade e animalos a contrastar a fonte de información. Realizar este proxecto con alumnado doutros países a través dun proxecto eTwinning permitirá ser máis conscientes de que a desinformación está presente tamén nos nosos
países socios e o perigosa que pode ser.

Temporalización e relación coa programación

Esta situación de aprendizaxe proponse para 6 sesións.

Nivel de dificultade

Nivel de dificultade en eTwinning: Inicial.
Elaboración propia SNA (INTEF) . Nivel de dificultade eTwinning (CC BY-SA)





Creado con eXeLearning (Ventana nueva)