Indicadores de avaliación
Avaliación do deseño
Realizarase unha lista de avaliación cos seguintes principios a avaliar:
- Idoneidade das actividades realizadas coas competencias específicas formuladas.
- Emprego de metodoloxías activas.
- Facilidades para a adecuación ao principio DUA e atención á diversidade.
- Recursos propostos adecuados.
- Inclusión do Twinspace.
- Planificación dun proxecto eTwinning de colaboración claro.
- Existencia de estratexias para a avaliación das aprendizaxes.
Avaliación da implementación
Realizarase unha lista de avaliación cos seguintes principios a avaliar:
- Motivación do alumnado e participación activa.
- Metodoloxía adaptada á realidade das materias e idades.
- Flexibilidade do kit para se axeitar a diferentes realidades.
- Os recursos propostos foron útiles.
- O tempo planificado foi real.
- Existiu unha verdadeira colaboración no proxecto eTwinning.
- O produto final ten calidade.
- Supuxo un impacto na comunidade educativa (centro, familias, contorno).
Propostas de mellora
Recolleranse propostas de mellora tanto para:
- Deseño da situación de aprendizaxe.
- Implementación da situación de aprendizaxe.