Saltar navegación

Concreción no currículo

Conexión cos elementos curriculares da etapa de Educación Primaria.

Contribución aos obxectivos de etapa

a)        Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas de forma empática, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

b)       Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmos, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

c)         Adquirir habilidades para a resolución pacífica de conflitos e a prevención da violencia, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito escolar e familiar, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.

d)       Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas por motivos de etnia, orientación ou identidade sexual, relixión ou crenzas, discapacidade ou outras condicións.

f)          Adquirir nunha lingua estranxeira (como mínimo) a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.

g)        Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.

h)        Coñecer os aspectos fundamentais das Ciencias da Natureza, das Ciencias Sociais, da Xeografía, da Historia e da Cultura.

i)          Desenvolver as competencias tecnolóxicas básicas e iniciarse na súa utilización, para a aprendizaxe, desenvolvendo un espírito crítico ante o seu funcionamento e as mensaxes que reciben e elaboran.

n)         Desenvolver hábitos cotiáns de mobilidade activa autónoma saudable, fomentando a educación vial e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

Contribución ao perfil de saída

CCL1. Expresa feitos, conceptos, pensamentos, opinións ou sentimentos de forma oral, escrita, signada ou multimodal, con claridade e adecuación a diferentes contextos cotiáns do seu entorno persoal, social e educativo, e participa en interaccións comunicativas cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para intercambiar información e crear coñecemento como para construír vínculos persoais.

CCL5. Pon as súas prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da xestión dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, detectando os usos discriminatorios, así como os abusos de poder, para favorecer a utilización non só eficaz senón tamén ética dos diferentes sistemas de comunicación.

CP1. Usa, polo menos, unha lingua, ademais da lingua ou linguas familiares, para responder a necesidades comunicativas sinxelas e predecibles, de maneira adecuada tanto ao seu desenvolvemento e intereses como a situacións e contextos cotiáns dos ámbitos persoal, social e educativo.

CP3. Coñece e respecta a diversidade lingüística e cultural presente na súa contorna, recoñecendo e comprendendo o seu valor como factor de diálogo, para mellorar a convivencia.

STEM1. Utiliza, de maneira guiada, algúns métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións coñecidas, e selecciona e emprega algunhas estratexias para resolver problemas reflexionando sobre as solucións obtidas.

STEM4. Interpreta e transmite os elementos máis relevantes dalgúns métodos e resultados científicos, matemáticos e tecnolóxicos de xeito claro e veraz, utilizando a terminoloxía científica apropiada, en diferentes formatos (deseños, diagramas, gráficos, símbolos…) e aproveitando de forma crítica, ética e responsable a cultura dixital para compartir e construír novos coñecementos.

STEM5. Participa en accións fundamentadas cientificamente para promover a saúde e preservar o medio ambiente e os seres vivos, aplicando principios de ética e seguridade e practicando o consumo responsable.

CD1. Realiza buscas guiadas en internet e aplica estratexias sinxelas para o tratamento dixital da información (palabras clave, selección de información relevante, organización de datos...) cunha actitude crítica sobre os contidos obtidos.

CD3. Participa en actividades ou proxectos escolares mediante o uso de ferramentas ou plataformas virtuais para construír novo coñecemento, comunicarse, traballar cooperativamente e compartir datos e contidos en contornos dixitais restrinxidos e supervisados, de maneira segura, cunha actitude aberta e responsable ante o seu uso.

CPSAA3. Recoñece e respecta as emocións e experiencias das demais persoas, participa activamente no traballo en grupo, asume as responsabilidades individuais asignadas e emprega estratexias cooperativas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos.

CC2. Participa en actividades comunitarias, na toma de decisións e na resolución dos conflitos de forma dialogada e respectuosa cos procedementos democráticos, os principios e valores da Unión Europea e a Constitución española, os dereitos humanos e da infancia, o valor da diversidade, o logro da igualdade de xénero, a cohesión social e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

CE1. Recoñece necesidades e retos que afrontar e elabora ideas orixinais, utilizando destrezas creativas e tomando conciencia das consecuencias e efectos que as ideas puideran xerar no entorno, para propor solucións valiosas que respondan ás necesidades detectadas.

CE3. Crea ideas e solucións orixinais, planifica tarefas, coopera con outros en equipo, valorando o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a cabo unha iniciativa emprendedora, considerando a experiencia como unha oportunidade para aprender.

O texto legal de referencia para todos os elementos curriculares enumerados nesta páxina é o Real Decreto 157/2022, de 1 de marzo, polo que se establecen a ordenación y as ensinanzas mínimas da Educación Primaria.

Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural

Competencias específicas

1.   Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: CCL3, STEM4, CD1, CD2, CD3, CD4, CD5, CCEC4.

2. Formular e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: CCL1, CCL2, CCL3, STEM2, STEM4, CD1, CD2, CC4.

6. Identificar as causas e consecuencias da intervención humana no contorno, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: CCL5, STEM2, STEM5, CPSAA4, CC1, CC3, CC4, CE1.

9. Participar no entorno e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, os dereitos humanos e da infancia e os principios e valores da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e as súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: CCL5, CPSAA1, CC1, CC2, CC3, CCEC1.

Criterios de avaliación

1.1 Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos.

2.1 Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural mostrando e mantendo a curiosidade.

2.2 Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural.

2.4 Propoñer posibles respostas ás preguntas formuladas, a través da análise e a interpretación da información e os resultados obtidos, valorando a coherencia das posibles solucións e comparándoas coas predicións realizadas.

2.5 Comunicar os resultados das investigacións adaptando a mensaxe e o formato á audiencia á que van dirixidos, utilizando a linguaxe científica e explicando os pasos que se seguiron.

6.1 Promover estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, os coidados, a corresponsabilidade e a protección das persoas e do planeta, a partir da análise da intervención humana no contorno.

6.2 Participar con actitude emprendedora na busca, contraste e avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise das causas e consecuencias da intervención humana no contorno.

9.1 Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta, explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, a seguridade integral cidadá e o recoñecemento das vítimas de violencia.

Saberes básicos

A. Cultura científica.

1. Iniciación na actividade científica.

  • Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.

2. A vida no noso planeta.

  • Pautas para unha alimentación saudable e sustentable: menús saudables e equilibrados. A importancia da cesta da compra e do etiquetado dos produtos alimentarios para coñecer os seus nutrientes e o seu aporte enerxético.

B. Tecnoloxía e dixitalización.

1. Dixitalización do contorno persoal de aprendizaxe.

  • Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
  • Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.

C. Sociedades e territorios.

4. Conciencia ecosocial.

  • O cambio climático do local ao global: causas e consecuencias. Medidas de mitigación e adaptación.
  • Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia, interdependencia e interrelación entre persoas, sociedades e medio natural.
  • O desenvolvemento sustentable. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. A actividade económica e a distribución da riqueza: desigualdade social e rexional no mundo e en España. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  • Axenda Urbana. O desenvolvemento urbano sustentable. A cidade como espazo de convivencia.
  • Economía verde. A influencia dos mercados (de bens, financeiro e laboral) na vida da cidadanía. Os axentes económicos e os dereitos laborais desde unha perspectiva de xénero. O valor social dos impostos. Responsabilidade social e ambiental das empresas. Publicidade, consumo responsable (necesidades e desexos) e dereitos do consumidor.
  • Estilos de vida sustentables: os límites do planeta e o esgotamento de recursos. A pegada ecolóxica.

Matemáticas.

Competencias específicas

1. Interpretar situacións da vida cotiá, proporcionando unha representación matemática das mesmas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: STEM1, STEM2, STEM4, CD2, CPSAA5, CE1, CE3, CCEC4.

2. Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto formulado.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: STEM1, STEM2, CPSAA4, CPSAA5, CE3.

5. Reconocer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas implicadas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: STEM1, STEM3, CD3, CD5, CC4, CCEC1.

6. Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: CCL1, CCL3, STEM2, STEM4, CD1, CD5, CE3, CCEC4.

7. Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.

Esta competencia específica conéctase cos seguintes descritores do Perfil de saída: STEM5, CPSAA1, CPSAA4, CPSAA5, CE2, CE3.

Criterios de avaliación

1.1 Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica.

1.2 Elaborar representacións matemáticas que axuden na busca e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada.

2.1 Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección.

2.2 Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma.

5.1 Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios.

5.2 Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos.

6.1 Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e amosando a comprensión da mensaxe.

6.2 Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada.

7.1 Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar retos matemáticos.

7.2 Escoller actitudes positivas ante retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

Saberes básicos

A.       Sentido numérico.

5. Razoamento proporcional.

  • Situacións proporcionais e non proporcionais en problemas da vida cotiá: identificación como comparación multiplicativa entre magnitudes.
  • Resolución de problemas de proporcionalidade, porcentaxes e escalas da vida cotiá, mediante a igualdade entre razóns, a redución á unidade ou o uso de coeficientes de proporcionalidade.

6. Educación financeira.

  • Resolución de problemas relacionados co consumo responsable (valor/prezo, calidade/prezo e mellor prezo) e co diñeiro: prezos, xuros e rebaixas.

E. Sentido estocástico.

1. Organización e análise de datos.

  • Conxuntos de datos e gráficos estatísticos da vida cotiá: descrición, interpretación e análise crítica.
  • Estratexias para a realización dun estudo estatístico sinxelo: formulación de preguntas, e recollida, rexistro e organización de datos cualitativos e cuantitativos procedentes de diferentes experimentos (enquisas, medicións, observacións…).
  • Gráficos estatísticos sinxelos (diagrama de barras, diagrama de sectores, histograma, etc.): representación de datos mediante recursos tradicionais e tecnolóxicos e selección do máis conveniente.
  • Calculadora e outros recursos dixitais, como a folla de cálculo, para organizar a información estatística e realizar diferentes visualizacións dos datos.
  • Relación e comparación de dous conxuntos de datos a partir da súa representación gráfica: formulación de conxecturas, análise da dispersión e obtención de conclusións.

F. Sentido socioafectivo.

1. Crenzas, actitudes e emocións propias.

  • Autorregulación emocional: autoconcepto e aprendizaxe das matemáticas desde unha perspectiva de xénero. Estratexias de mellora da perseveranza e do sentido da responsabilidade cara á aprendizaxe das matemáticas.
  • Flexibilidade cognitiva, adaptación e cambio de estratexia en caso necesario. Valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe.

2. Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade.

  • Aplicación de técnicas sinxelas para o traballo en equipo en matemáticas, e estratexias para a xestión de conflitos, promoción de condutas empáticas e inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
  • Valoración da contribución das matemáticas aos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)