Saltar navegación

Introdución

Dámosvos a benvida!

É un pracer compartir co alumnado e o profesorado este recurso educativo en aberto e os dámosvos as grazas polo voso interese. Lembrámosvos que esta situación de aprendizaxe foi creada con moita dedicación, para que a poidades utilizar nas vosas clases, tal como está ou ben modificándoa canto for necesario, podendo xerar outra situación de aprendizaxe derivada. O único que debedes manter é o tipo de licenza co que foi publicada e a atribución á autoría dela. Esperamos que sexa moi útil para o voso traballo na aula.

Disparador

Como punto de partida da situación de aprendizaxe, o alumnado dos diferentes centros recibirá unha carta ficticia, que se supón enviada polo Ministerio de Educación, na que se lles informa da concesión dunha bolsa de 7.000 euros para viaxaren a un país europeo. O obxectivo desta viaxe, segundo a carta, será coñecer e analizar como traballa ese país a mellora da pegada de carbono do seu alumnado.

Secuencia de competencias

ACTIVIDADE COLABORACIÓN E INTERACCIÓN
Sesión 1

Recibimos unha carta.

Detonante do proxecto: recepción da carta desde o Ministerio.

Escolla da cidade a visitar - resposta da carta recibida. 

Sesión 2

Como viaxamos de forma máis sustentable e económica?

Os alumnos deberán calcular a mellor opción para cumprir coa bolsa e elaborar un póster sobre a decisión final. 

Sesión 3

Que rastro deixamos no noso planeta?

En grupos transnacionais e mediante videochamada, os alumnos recompilarán datos para o posterior cálculo da pegada de carbono xerada.

Sesión 4

Todos deixamos o mesmo rastro?

Elaboración de gráficos comparativos dos datos obtidos nas pegadas de carbono. 

Sesión 5

Como reducirmos a pegada de carbono?

En equipos transnacionais, e en resposta a unha nova carta recibida desde o Ministerio, os alumnos elaborarán un libro no que ofrecerán alternativas para a redución da pegada de carbono.

Sesión 6

Se o compartimos será máis sinxelo.

Evento final no que exporán as súas conclusións finais do proxecto e o libro deseñado.



Creado con eXeLearning (Ventana nueva)