Secuencia temporal
Introdución.
Detonante da situación de aprendizaxe.
Os alumnos recibirán unha carta ficticia do Ministerio de Educación para comezaren o proxecto.
Sesión 1:
Comezamos a aventura.
Toma de decisións sobre os países de colaboración.
Sesión 2:
Como viaxamos de forma máis sustentable e económica?
Toma de decisións sobre a viaxe e a súa sustentabilidade.
Sesión 3:
Que rastro deixamos no noso planeta?
Recollida de datos para o cálculo da pegada de carbono a través de videochamadas en equipos transnacionais.
Sesión 4:
Todos deixamos o mesmo rastro?
Elaboración de gráficos de barras para comparar as pegadas de carbono e descubrir as causas das mesmas.
Sesión 5:
Como reducirmos a pegada de carbono?
Trala análise das pegadas de carbono. Elaboración dun libro final transnacional a través do que mostrar iniciativas para a súa redución na realidade do alumno.
Sesión 6:
Se o compartimos será máis sinxelo.
Eventos finais para difundir o traballo final realizado.