Desenvolvemento
En primeiro lugar, o centro educativo debe decidir que cidade europea lle gustaría visitar (deben ser cidades que se sitúen nos países dos socios participantes no proxecto) e por que razóns. Despois incluirá a súa proposta nun TwinBoard. Rematarase cunha carta de resposta ao Ministerio de aceptación da bolsa e outra de solicitude de visita e os motivos da mesma ao centro educativo.
Estas actividades poden durar o que o docente considere oportuno, xa que son actividades de investigación e redacción que requiren tempo de realización.
