Desenvolvemento
Nesta segunda sesión e logo de decidiren a cidade que van a visitar para traballar, os alumnos deberán calcular as mellores opcións para poderen desenvolver o obxectivo da bolsa.
Para iso deberán facer os cálculos atendendo a diferentes opcións:
- Transporte (40% do orzamento final)
- Aloxamento (35% do orzamento final)
- Actividades (25% do orzamento final)
De aquí en diante deberán valorar as opcións de transporte para atoparen a opción máis sustentable de transporte. Para iso aplicarase a seguinte fórmula:
Eficiencia = (Custos + Emisións)/Tempo
Empregando datos estándar sobre o uso de medios de transporte que se poden consultar en webs que poderán atopar nos recursos.
Os alumnos realizarán todos estes cálculos traballando en grupos cooperativos dentro da aula. Logo de acabar a toma de decisión plasmarán todo o deseño de Transporte, Actividades e Aloxamento nun póster e realizarán unha posterior presentación ao resto dos seus compañeiros para tomaren unha decisión concreta sobre todo iso.
Todos os pósters de equipo colocaranse nun Twinboard dentro do Twinspace do proxecto.
