Desenvolvemento
Nesta terceira sesión, os alumnos reciben de novo outra carta do Ministerio de Educación, na que se lles felicita polo seu traballo e lles amosan cales serán as seguintes etapas do traballo. Nesta sesión, os alumnos teranse que centrar no cálculo da pegada de carbono.
Esta sesión terá dous momentos fundamentais:
- Primeira parte: Os alumnos prepararán nunha táboa as preguntas que lles farán aos seus socios europeos para recompilaren información sobre os seus consumos e así obter os datos necesarios solicitados pola ferramenta de cálculo da pegada de carbono.
- Segunda parte: En grupos transnacionais e usando o idioma necesario para a comunicación entre eles, os alumnos reuniranse en videochamadas en Twinspace. Nesas videochamadas, mediante preguntas e respostas, completarase a táboa que formularan os diferentes membros do equipo transnacional.