Desenvolvemento
O proxecto continúa a avanzar e nesta cuarta sesión realizarase unha tarefa de análise e organización de todos os datos obtidos na sesión anterior durante as videochamadas dos alumnos sobre a pegada de carbono.
Coa información obtida na sesión anterior, os alumnos traballarán na ferramenta proposta para calcular a súa propia pegada de carbono e a dos seus compañeiros do equipo transnacional.
Tralo cálculo, os alumnos elaborarán gráficos de barras para compararen os datos e extraerán algunhas conclusións comparativas dos diferentes países.
Posteriormente, todo iso será colocado nun Twinboard.
A realización destas gráficas farase en grupos cooperativos nacionais de catro alumnos con diferentes roles. Cada alumno pon ao servizo do grupo os datos dos seus compañeiros do equipo transnacional e os seus propios datos.
