Esta rúbrica de avaliación está vinculada cos seguintes criterios de avaliación. Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. 2.1 Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural mostrando e mantendo a curiosidade. 2.4 Propoñer posibles respostas ás preguntas formuladas, a través da análise e a interpretación da información e os resultados obtidos, valorando a coherencia das posibles solucións e comparándoas coas predicións feitas. 2.5 Comunicar os resultados das investigacións adaptando a mensaxe e o formato á audiencia á que van dirixidos, utilizando a linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. 6.1 Promover estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, os coidados, a corresponsabilidade e a protección das persoas e do planeta, a partir da análise da intervención humana no entorno. 6.2 Participar cunha actitude emprendedora na procura, contraste e avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise das causas e consecuencias da intervención humana no entorno. Matemáticas. 1.2 Elaborar representacións matemáticas que axuden na busca e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada. 5.1 Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propias. 5.2 Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos.
Rúbrica para avaliar o libro final (produto final) do proxecto.| | Excelente | Ben | Regular | Necesita mellorar |
|---|
| Entende a información | Comprende moi ben os datos sobre a pegada de carbono e explica o máis importante. (4) | Comprende case toda a información e explica bastante ben os datos. (3) | Comprende só unha parte da información. (2) | Cústalle entender os datos e explicalos. (1) |
|---|
| Realiza os gráficos de barras | Os gráficos están completos, ordenados e enténdense perfectamente. (4) | Os gráficos están ben feitos e enténdense. (3) | Os gráficos teñen algúns erros ou falta información. (2) | Os gráficos son difíciles de entender ou están incompletos. (1) |
|---|
| Explica as causas da pegada de carbono | Explica claramente que accións producen máis contaminación e dá bos exemplos. (4) | Explica algunhas causas da pegada de carbono correctamente. (3) | Explica poucas causas ou algunhas non están claras. (2) | Non consegue explicar ben as causas da pegada de carbono. (1) |
|---|
| Propón maneiras de reducir a pegada de carbono | Inclúe moitas ideas prácticas e realistas para coidar o medio ambiente. (4) | Inclúe algunhas boas ideas para reducir a contaminación. (3) | As propostas son poucas ou pouco claras. (2) | Non propón solucións ou non se entenden. (1) |
|---|
| Relaciona as matemáticas coa vida real | Explica moi ben como os nosos hábitos afectan ao medio ambiente. (4) | Explica algunhas relacións entre hábitos e contaminación. (3) | Fai poucas relacións coa vida cotiá. (2) | Non consegue relacionar o traballo coa vida real. (1) |
|---|
| Presenta ben o seu traballo | O libro é limpo, creativo e fácil de ler. Usa ben as palabras matemáticas. (4) | O libro está ordenado e enténdese ben. (3) | O libro ten partes desordenadas ou pouco claras. (2) | O traballo é difícil de ler ou entender. (1) |
|---|
| Traballo e actitude | Participa moito, axuda ao grupo e non se rende cando algo é difícil. (4) | Traballa ben e colabora cos seus compañeiros/as. (3) | A veces participa e necesita axuda para seguir traballando. (2) | Participa pouco ou abandona facilmente. (1) |
|---|
Javier Ramos Sancha. Rúbrica para avaliar o libro final (produto final) do proxecto. (CC BY-SA)
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Xanela nova