Saltar navegación

Sesión 6: Se o compartimos será máis sinxelo.

Desenvolvemento

Esta viaxe chegou ao seu fin. Para rematar, é importante preparar un evento final no que expoñer os resultados da súa investigación e o libro final que prepararon.

Imaxe decorativa.
Expondo as nosas conclusións. Imaxe codesenvolvida por Javier Ramos Sancha con Copilot (Microsoft 2026)

Os alumnos deberán elaborar unha presentación oral final. Se ben é certo que se poden ofrecer ao alumnado dous tipos de eventos diferentes e mediante votación decidiren aquel que consideran máis adecuado ou adaptado á realidade do momento:

  • Evento local: cada centro organiza o seu tendo en conta invitar a familias, equipos directivos, quizais membros das administracións locais ou rexionais e membros do SNA.
  • Evento en liña transnacional: no que estarían presentes nunha videochamada alumnos, familias e equipos directivos de todos os centros participantes no proxecto. Tamén poderían invitarse membros doutros estamentos educativos (SNA, autoridades educativas locais ou rexionais), algunha representación política (alcalde ou concelleiros) e por último algunha asociación que traballe con temas de ecoloxía.

Para chegar ao evento final, realizaranse pequenas videochamadas previas para preparalo, distribuír tempos e materiais que se vaian expoñer.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)