Saltar navegación

Sesión 1

Sesión 1: Who Are We Online?

Imaxe decorativa
SNA (INTEF). Mozo cun portátil. Imaxe codesenvolvida polo SNA (INTEF) con Copilot (Microsoft 2026) (CC BY-SA)

Esta sesión inicia o proxecto cun primeiro contacto real entre o alumnado dos centros participantes. A través dunha presentación en inglés, o alumnado comeza a comunicarse nun contexto profesional auténtico e a interactuar nun contorno internacional. Ao mesmo tempo, introdúcese o concepto de identidade dixital, promovendo unha primeira reflexión sobre a imaxe que proxectan na internet e o seu impacto no ámbito profesional.

Esta sesión establece as bases do proxecto: comunicación en inglés, colaboración internacional e toma de conciencia sobre a identidade dixital.

Obxectivo xeral

Establecer un primeiro contacto entre os alumnos europeos, presentarse en inglés nun contexto profesional e empezar a tomar conciencia da propia identidade dixital como punto de partida do proxecto.

Obxectivos específicos

  • Presentarse en inglés utilizando un rexistro profesional axeitado.
  • Reflexionar sobre a propia presenza dixital e a imaxe que se proxecta na internet.
  • Coñecer ao grupo socio e empezar a establecer equipos internacionais de traballo.

Recursos

Recursos do docente
Acceso ao TwinSpace do proxecto eTwinning (configurado previamente co centro socio)

Vídeo de referencia: How to introduce yourself — and get hired (Rebecca Okamoto, YouTube)
Guión orientativo de presentación (documento editable para lle entregar ao alumnado)
Ferramenta de formación de grupos (opcional, no caso de que se use para os equipos internacionais)
Documento compartido de equipos internacionais (podes usar a ferramenta que ofreza a túa administración ou centro educativo ou consultar aquí.)


Recursos do alumnado
Dispositivo con cámara e micrófono (móbil, tablet ou portátil)
Acceso a TwinSpace (conta propia ou de centro)

Guión orientativo de presentación (proporcionado polo docente)
Conexión a internet


Recursos dixitais do proxecto
TwinSpace: espazo de publicación de vídeos, comentarios e foro de equipos (consultar os Titoriais do TwinSpace).
Foro de equipo internacional (creado dentro de TwinSpace -consultar titoriais-)
Documento colaborativo de equipos (podes usar a ferramenta que ofreza a túa administración ou o centro educativo, ou consultar aquí)

Instrumentos e técnicas de avaliación

Lista de control con escala de valoración (0-1-2) aplicada polo docente durante e despois da sesión. Avalíanse dez indicadores distribuídos en tres bloques: produción oral do vídeo, interacción en TwinSpace e participación no equipo internacional. Cada indicador ten un peso específico que permite obter unha cualificación ponderada da sesión.

Actividade 1: Who Are We Online?

A sesión 1 articúlase arredor de tres actividades secuenciadas que combinan a preparación e gravación dun vídeo de presentación individual en inglés, a publicación e o intercambio de comentarios entre grupos europeos en TwinSpace, e a formación dos equipos internacionais de traballo. Cada actividade ten un propósito específico dentro da lóxica do proxecto, e xuntas constitúen o primeiro contacto real entre o alumnado de distintos países, sentando as bases da colaboración internacional que se desenvolverá durante todo o proxecto.

1. Preparación do vídeo de presentación

Recursos: dispositivo con cámara · guión de presentación (documento persoal)

O docente presenta o proxecto e sitúa o contexto eTwinning para que o alumnado entenda que non é unha actividade illada, senón un primeiro contacto real con outro centro europeo.

O obxectivo é comezaren a construír unha identidade comunicativa en inglés vinculada ao seu ámbito profesional. Esta primeira reflexión servirá como punto de partida para analizar, ao longo do proxecto, como se constrúe a identidade dixital en contextos profesionais, e permitirá comparar a evolución do alumnado co traballo final que se desenvolverá no informe europeo. Non se busca un uso perfecto do idioma, senón que o alumnado sexa capaz de comunicarse con claridade e coherencia nun contexto formal, utilizando un rexistro profesional axeitado.

A partir de aí, cada alumno ou alumna prepara e grava un vídeo breve (60 segundos) en inglés para presentarse ao resto de grupos socios/colaboradores. O vídeo debe incluír:

Parte 1

Presentación persoal: nome, etapa educativa e cidade/país

Parte 2

O que espera aprender no proxecto

Reflexión

What does your digital identity say about you professionally?

O docente proporciona o seguinte vídeo de referencia xunto cun guión orientativo que inclúe vocabulario e estruturas útiles. Este guión orientativo non se debe entender como un modelo pechado, senón como un apoio que o alumnado debe adaptar ao seu propio estilo comunicativo:

↓

Documento adxunto: Guión orientativopara o alumnado de cara a realizaren a presentación en inglés.

2. Publicación e intercambio no TwinSpace

Recursos: TwinSpace do proxecto

Os vídeos súbense ao TwinSpace. A continuación, cada alumno ou alumna visualiza polo menos tres vídeos doutros alumnos europeos e deixa un comentario breve en inglés en cada un. Facilítaselles previamente unha base de expresións:

Nice to meet you! I found it interesting that…

We have something in common: …

I'd like to ask you about…

A idea é introducir de forma natural o xeito de comunicarse nun contorno profesional dixital: ton, cortesía e claridade.

3. Formación de equipos internacionais

Recursos: TwinSpace + documento compartido de equipos

Os docentes de ámbolos dous centros, previamente coordinados, organizan equipos internacionais mixtos de 4–6 persoas (2–3 por país). A configuración dos equipos pódese facer ao chou ou mediante o uso de ferramentas dixitais específicas, en función dos criterios que acorden os docentes participantes.

Logo de estaren definidos, os equipos publícanse en TwinSpace, onde cada grupo dispón do seu propio espazo de interacción. Para facilitar a comunicación, crearase un fío específico no foro de TwinSpace para cada equipo internacional.

Como primeira tarefa, o equipo responde de forma asíncrona á seguinte cuestión:

In your country, do companies check your digital identity before hiring you?
What do you think about that?

A resposta debe ser breve, aberta e cun ton comunicativo natural. Non se busca unha produción formal nin avaliable neste momento, senón xerar unha primeira interacción real entre os membros do equipo e comezar a activar a colaboración internacional.

Produtos para avaliación

1

Vídeo de presentación individual

60 segundos en inglés con presentación persoal, expectativas e reflexión sobre a identidade dixital.

TwinSpace

2

Interacción co grupo socio

Mínimo 3 comentarios en inglés sobre vídeos de compañeiras e compañeiros europeos con fórmulas de comunicación profesional.

TwinSpace

3

Resposta colaborativa internacional

Primeira resposta do equipo sobre identidade dixital no contexto profesional.

TwinSpace
Documento colaborativo

Avaliación

A avaliación desta sesión ten carácter formativo e diagnóstico, ao tratarse do primeiro contacto do alumnado cunha situación real de comunicación profesional en inglés nun contexto internacional. Valorarase principalmente a capacidade de comunicarse oralmente de forma clara e comprensible, o uso dun rexistro axeitado ao contexto profesional, a participación activa no TwinSpace e a actitude ante o traballo nun contorno internacional. Os resultados obtidos servirán como punto de partida para axustar o desenvolvemento do proxecto en sesións posteriores. Para todo isto, utilizaranse as ferramentas proporcionadas polo centro e/ou a Administración.

RESUMO

Resumo da avaliación e o seu peso

Parte Evidencia Instrumento Peso
Proceso e produto Vídeo, comentarios e interacción internacional Lista de control (escala 0-1-2) 100%

Lista de control

Lista de control

N.º Indicador de avaliación Act. 0 1 2 Peso Módulo RA e CA
1 Inclúe os elementos obrigatorios no vídeo (presentación, expectativas e reflexión) 1a ☐ ☐ ☐ 15% Inglés Prof. RA3 d)
2 A mensaxe oral enténdese de forma global (claridade comunicativa) 1a ☐ ☐ ☐ 15% Inglés Prof. RA3 i)
3 Utiliza o inglés como ferramenta de comunicación 1a ☐ ☐ ☐ 15% Inglés Prof. RA3 c)
4 Utiliza un rexistro axeitado ao contexto profesional 1a / 1b ☐ ☐ ☐ 10% Inglés Prof. RA3 c)
5 Realiza unha reflexión básica sobre a súa identidade dixital 1a ☐ ☐ ☐ 10% IPE I
Inglés Prof.
RA5 e)
RA3 j)
6 Exprésase oralmente con fluidez suficiente 1a ☐ ☐ ☐ 10% Inglés Prof. RA3 i)
7 Publica o vídeo correctamente en TwinSpace 1b ☐ ☐ ☐ 5% IPE I RA5 e)
8 Interactúa con polo menos 3 compañeiros/as mediante comentarios en inglés 1b ☐ ☐ ☐ 10% Inglés Prof. RA3 c)
9 Utiliza fórmulas básicas de cortesía profesional nos comentarios 1b ☐ ☐ ☐ 5% Inglés Prof. RA3 c)
10 Participa na primeira interacción do equipo internacional 1c ☐ ☐ ☐ 5% IPE I
Inglés Prof.
RA5 e)
RA3 j)

Lista de control. Co-desenvolvida por Jordi Martí para o SNA (INTEF) con Claude. Licenza CC BY SA

Escala de valoración

Escala de valoración

0

Non realizado ou non alcanzado

1

Realizado parcialmente ou con dificultades notables

2

Realizado de xeito satisfactorio

Cálculo da cualificación

Cálculo da cualificación

1

Asignar a cada indicador unha puntuación (0, 1 ou 2)

2

Multiplicar a puntuación polo peso correspondente

3

Sumar os resultados obtidos

Nota de adaptación a Grao Medio

Esta sesión non activa criterios de Dixitalización en ningún dos dous graos. Os criterios de IPE I son idénticos en GM e GS. Os criterios de Inglés Profesional varían na súa codificación: indicadores 1 e 6 → RA3 j) e i); indicador 2 → RA3 i); indicador 3 → RA3 c); indicador 4 → RA3 a); indicadores 5 e 10 → RA3 e) (Inglés) + RA5 e) (IPE I, sen cambio); indicadores 8 e 9 → RA3 b). O peso do instrumento (100%) mantense.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)